![]() |
| Museu Paulista. Presenta exposicións relacionadas coa formación das sociedades paulistana e brasileira. |
Ademais de visitar o Museu Paulista, o máis antigo da cidade, pasear polo seu parque intentando localizar algún dos chimpancés aos que está totalmente prohibido darlles de comer -aínda que sempre haberá un galego para romper as regras e compartir con eles unha bolsa de torcidas- podes baixar ata o parque da Independência e ollar como os skaters descenden a pequena ladeira sobre rodiñas.
![]() |
| Hussein en estado puro. |
Nós tivemos a oportunidade de coñecer un deles, o Hussein, auténtico surfeiro do asfalto e, o mellor, un encanto de rapaz.
Hai tres anos que abandonou os seus estudos para crear a primeira marca paulista de longboards, a Hussein Classic Boards. Cun estilo inconfundible, os deseños dos seus shapes son creacións manuais únicas.



Nenhum comentário:
Postar um comentário