Aínda que xigantescos, os rañaceos de São Paulo non conseguen agochar o punto máis alto da cidade. Con 1135 metros de altitude, o Pico do Jaraguá, como é coñecido o Parque Estadual do Jaraguá, constitúe unha das últimas vexetacións de mata atlántica na área urbana de São Paulo.
![]() |
| A parte baixa do Pico do Jaraguá |
Un lugar idóneo para un piquenique de domingo, facer trilha e observar os comportamentos dos sagüi do tufo branco.
![]() |
| Sagüi do tufo branco |
Cansa, mais merece a pena subir as 252 escaleiras que levan ata o máis alto do pico para contemplar a vista vertixinosa da cidade.
![]() |
| Unha cuarta parte do que podes ver |
Nesta reserva natural aínda resiste, en extrema pobreza, unha aldea de indios guaranís que manteñen a súa lingua e os seus costumes. Compartimos con algún deles o piquenique. Beleza de meniñas!!
![]() |
| Nenas guaranis |




Nenhum comentário:
Postar um comentário