![]() |
| Rua Martiniano de Carvalho, Bixiga |
Bexiga, Bixiga ou Bela Vista?
Estes son os tres nomes dos que podemos botar man para falarmos do noso barrio. Bela Vista é o nome oficial, Bixiga é como se lle coñece popularmente e Bexiga como se lle chamou nun primeiro momento.
A rexión do Bexiga ou Bixiga ten ese nome por pertencer estas terras ao portugués Antonio Bexiga , un señor que gañou este apelido despois de ser acometido pola varíola -á que nós popularmente tamén lle chamamos vexigas- Foi alá polo século XIX, en pleno apoxeo da urbe brasileira, cando o Bexiga acolleu a italianos e escravos liberados, que aquí exercerían os seus oficios e, consecuentemente, axudarían no desenvolvemento da cidade.
Seica foron dous os factores que puideron influír na mudanza do seu nome. O primeiro por un sentido pexorativo da palabra bexiga, o segundo foi a forma popular de se expresar que, debido ao xeito coloquial do falar e ao forte sotaque italiano, mudou máis común o uso do i en lugar do e.
Actualmente, coñecido por centro de diversión e efervescencia cultural, polas súas cantinas e pizzarías, por ser o berce do teatro brasileiro, polas súas características arquitectónicas do pasado; o Bexiga ou Bixiga acolle unhas das comunidades máis tradicionais e queridas polos paulistanos.

unha mistura de arte urbana e basura... o voso barrio ben podería ser unha instalación do CGAC
ResponderExcluirMoi interesante
ResponderExcluir