Como os auténticos paulistanos chegou a fin de semana e escapamos da cidade. Neste caso o sitio elixido foi a Barra do Sahy, unha praia ben linda do municipio de São Sebastião, a 150 quilómetros de São Paulo. Rodeada dunha exuberante mata atlántica e cunhas impresionantes vistas a unhas ilhas chamadas, polas creativas xentes da rexión, As Ilhas.
A viaxe ata alí, como case todo neste país, foi bastante caótica. Un percorrido que nun coche particular se fai nun par de horas, a nós levounos catro. Iso si, chegamos descansadiños e alimentados de coxinhas e salgados varios, dos que o noso “motorista”, deducimos, sacou unha boa comisión. Tamén tivemos o pracer de coñecer un baiano duns corenta e tantos, lingüista de rúa, que nos confundiu con paulistanos e acabounos preguntando se a España estaba ao lado do Xapón (efecto terremoto??).
Deixamos unha pequena reportaxe gráfica para que vexades que mereceu a pena.


Que ben o estades a pasar, cabróns!! (o insulto vai con todo o meu cariño ;)
ResponderExcluirQue envexaaaaa!!!!!!
hai que estrés carmiña!!!!!
ResponderExcluirse me pasara a min que en sao paulo me pregunten que si españa está ao lado de xapón aínda bueno, pero... quen de vos ten cara de chino?
ResponderExcluirParece que estades en Supervivientes, e en calquera momento aparece por ahí Mario Picazo para facer a proba de recompensa.
ResponderExcluirDesfrutádeo a tope XD
aisss..esa auga de cocoo!!que ricaaa!!non ha faltar moito para que nos levedes a tomar un!!
ResponderExcluirBeijinhosss!!