Igual me estou portando moi ben en São Paulo, pois hai uns días recibín un regalo muito engraçado, unha história em quadrinhos. Curioso nome para se referir aos tebeos de toda a vida, unha pena non poder ver a cara da Isa cando preguntou na Fnac pola secçao de cómic, a quadrinhos debeu quedar, e non será pola cantidade de anglicismos que teñen os brasileiros.
O libro en cuestión é Memória de Elefante, de Caeto. Nel ilustra de modo autobiográfico as súas peripecias en São Paulo, os detalles da vida do artista que ten que loitar contra os fracasos continuos profesionais e persoais. Marcado polo alcoholismo, un pai enfermo, unha vida bohemia e depresiva que se xunta coa súa continua falta de parné. E non conto máis, espero que o leades, merece a pena.
Caeto é ilustrador, e foi editor dos fanzines Sociedade Radioativa e Glamour Popular onde publicou as súas Hqs, deixo o enderezo do seu blog por se lle queredes botar un ollo: http://caetoilustra.blogspot.com/.



